jueves, 6 de diciembre de 2007

NENAAAAAAAAAAAAAAAA

O típico garito de pouca monta. Apoiado na barra miro a xente pasar. Un tipo tropeza comigo e case cae. "Estas bem, tio" (digo) "Si, non foi nada" (responde)

Agarro a miña cervexa e doulle un grolo. Nese preciso instante comeza a sonar un tal Loquillo e o seu Cadillac Solitario. Pecho os meus ollos.

Non sei se cheguei eu solo a este lugar ou se andan por ahi os meus colegas. Pero iso pouco importa.

Sen darme nin conta tu estabas ali. Acércaste ... collesme da man ... susurras algo ao meu oido. Entre o ruido solo escoito as tuas palabras: "nunca te esquecín"

Non respondo nada. Abro os meus ollos e tomo outro grolo da miña cervexa. Os meus colegas estan ali, pero non estas tu.









... eu tampouco te esquecín ...



NENAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA onde estas

1 comentario:

Iago dijo...

Que fermoso...
Nenaaaaaaaa...

Momento nostalxico

Moi boa canción