miércoles, 14 de noviembre de 2007

Eva Cassidy ... What a wonderful world

Paseando por entre a musica que case nunca escoito ,pero que de vez me gusta perderme entre ela, atopeime con esta xoia musical.
Eva Cassidy era vocalista de jazz e soul e contaba con unha voz que consegue poñer a pel de galiña. A canción que interpreta no seguinte video e bem coñecida por case todo o mundo. Cando escoitamos o titulo "What a wonderful world" a quen mais ou menos lle salta o nome de Louis Armstrong, pero neste caso tratase da versión que Eva lles quixo regalar aos seus mais proximos amigos. Digo isto porque esta canción foi interpretada por Eva no seu último concerto alo por Setembro do 1996.
Pouco tempo despois falleceu aos 33 anos dun cancer de pel que lle diagnosticaron xa nun estado avanzado.


Cruel burla do destino, non??

Bueno, non quero entrar en discusións de tipo filosófico.





Tamén e unha das miñas cancións preferidas.

1 comentario:

Ju dijo...

Preciosa cancion. Tanto a interpretación como a historia deixanme sen palabras.